NOVAS

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

O pasado 8 de febreiro saíu publicada no DOG a orde pola que se convocan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio para o ano 2018.

Esta proba supón outra vía de acceso aos estudos de Formación Profesional, sen a necesidade de ter o Graduado en ESO.

Se pinchas aquí, accedes á páxina oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde aparece toda a información das probas.

Non tedes nada que perder, apuntádevos! Os vosos titores e titoras solucionarán todas as dúbidas que teñades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario